Facemos que sexa posible

Encontramos a idea. Somos unha consultora integral que ofrece solucións concretas baseadas na creatividade, na calidade e as novas tecnoloxías nos ámbitos da cultura e do turismo. Analizamos obxectivamente cada situación, asesoramos, definimos estratexias, executamos e realizamos o seguimento, facendo partícipes de todos os procesos os nosos interlocutores; involucrándoos na acción. A nosa capacidade profesional e a nosa especialización técnica teñen un punto de unión: axudar a alcanzar os seus obxectivos eficazmente.

Experiencia contrastada. Durante estes anos presentamos ducias de proxectos executivos a todo tipo de clientes: gobernos autonómicos, deputacións, padroados, axencias de desenvolvemento, concellos, fundacións, asociacións, empresas privadas, plans de dinamización e de excelencia turística, etc. A experiencia acumulada neste tempo, a adopción das últimas tendencias metodolóxicas e o permanente desenvolvemento de novas ferramentas converten a Trivium nunha empresa de referencia.

TRIVIUM estratexias en cultura e turismo s.l.

Tlfs: 981074963 619377772 info@trivium.gal