35º ANIVERSARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COMO PATRIMONIO MUNDIAL

35º ANIVERSARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA COMO PATRIMONIO MUNDIAL

Consorcio de Santiago: 2020

Desenvolvemos un programa de actividades promovido polo Consorcio de Santiago para celebrar o 35 aniversario da declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio Mundial. Un programa enmarcado no proxecto europeo “ATLAS-WH”, centrado na xestión sustentable das Cidades Patrimonio Mundial incluídas na Área Atlántica.

Precisamente sobre a xestión sustentable do patrimonio preguntamos ao alumnado de diferentes centros escolares que participaron en un concurso de postais. Todas as participantes foron publicadas nun libro que editamos para a ocasión.

Alén diso, realizamos unha serie de visitas temáticas (Paseos patrimoniais) e coloquios en centros socioculturais (Encontros patrimoniais).

O colofón do aniversario marcouno a organización dun congreso: “A xestión do patrimonio mundial da UNESCO” celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela.