DIAGNOSE E DINAMIZACIÓN DOS CAMIÑOS A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

DIAGNOSIS Y DINAMIZACIÓN DE LOS CAMINOS A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol: 2019

Realizamos a “Diagnose e paquete de medidas para a promoción do Camiño de Peregrinación de Santo André de Teixido”, unha acción organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en convenio coa Xunta de Galicia.

Para iso, analizamos a situación a partir de estudos previos, traballo de campo e desenvolvemento de focus group, sesións participativas con axentes diversos dos territorios polos que pasan os camiños. A partir de aí, elaboramos un conxunto de propostas para a súa implementación como produto cultural e turístico durante os próximos anos.

Tamén realizamos accións específicas, como un “fam trip” con persoas do mundo da cultura e da comunicación e unha serie de conferencias en Cedeira: “Xornada sobre Santo André de Teixido e os Camiños de Peregrinación. Reflexións para a valorización dun camiño histórico.”