CENTRO CULTURAL DE ALCÁNTARA

CENTRO CULTURAL DE ALCÁNTARA

Concello de Mondoñedo: 2010

Desenvolvemos a creación dun novo centro cultural e expositivo en Mondoñedo na rehabilitada igrexa do convento de San Pedro de Alcántara. Un completo proceso no que se deseñou o guión museográfico, contidos, imaxe corporativa, elementos interactivos, códigos QR, vídeo, escenografías, fotografía, documentación e selección de fondos, montaxe e posta en marcha do centro cultural.

Un centro de interpretación cultural no que se destaca Mondoñedo como vila singular, as súas senlleiras figuras literarias e musicais, ademais de outras curiosidades como a imprenta. Nel tamén se instalou posteriormente un Centro de Interpretación do Camiño do Norte.