EXPOSICIÓN: “A MEMORIA DA XENTE”

EXPOSICIÓN: “A MEMORIA DA XENTE”

Concello de Santiago de Compostela: 2011

A exposición itinerante “A memoria da xente” foi unha iniciativa que se pousou, desde a lembranza e a participación veciñal, no fío do tempo da cidade e parroquias de Compostela, co obxectivo de mirar desde o presente a intrahistoria e o latexo cotián dunha terra e dun tempo (1900-1975) que sentimos perto da nosa circunstancia actual, que entendemos que nos axuda, hoxe, a saber quen somos e de onde vimos.

Nesta exposición realizouse un intenso traballo de campo, catalogación fotográfica e dixitalización, deseño de guión expositivo, elementos escenográficos, audiovisuais e montaxe.