PLAN MUSEOLÓXICO DO MUÍÑO DO PAN DE BAAMONDE

PLAN MUSEOLÓXICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO MUÍÑO DO PAN DE BAAMONDE

Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde (CERCUD): 2024

Redacción do Plan Museolóxico e do proxecto de execución expositiva do histórico Muíño de Cagiao na ribeira do río Parga, en Baamonde (Begonte), acadando con éxito a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos. O traballo artella o discurso etnográfico arredor do ciclo tradicional do trigo e da fariña, deseña os ámbitos temáticos que combinan recursos gráficos, o funcionamento hidráulico da maquinaria e a recreación da vivenda do muiñeiro no sobrado.