Aulas científicas “A luz da ciencia”

XORNADAS «MEMORIA ENTRE MAREAS. UNHA NOVA OLLADA AOS PATRIMONIOS MARÍTIMOS DA PROVINCIA DA CORUÑA»

Deputación da Coruña: 2026

Deseño conceptual, coordinación técnica e produción das xornadas celebradas na Coruña, integradas no ciclo «A luz da ciencia», impulsado pola Deputación da Coruña para conectar a ciencia, o patrimonio cultural, a tecnoloxía e a sociedade. Un encontro de dúas xornadas para visibilizar os patrimonios marítimos desde unha óptica plural e contemporánea —abordando o papel das mulleres no mar, o patrimonio subacuático e industrial, a paisaxe sonora, a literatura e o audiovisual galego— mediante relatorios especializados, mesas redondas e intervencións escénicas.