ILUSTRACIÓNS E MANUAL DE VISUALIZACIÓN DAS LENDAS DO SALNÉS

ILUSTRACIÓNS E MANUAL DE VISUALIZACIÓN DAS LENDAS DO SALNÉS

Mancomunidade do Salnés: 2026

Conceptualización do manual e elaboración de ilustracións para a visibilización de lendas dos concellos da Mancomunidade do Salnés. Son nove ilustracións orixinais —asinadas polo artista gráfico Rubén Rial— que retratan escenas, personaxes e rituais do imaxinario colectivo da comarca (como as augas termais da Toxa, o Rito das nove ondas, o Cordón de Ouro de San Cibrán, o Monte da Pastora, os Padriños de Ponte Arnelas, San Ero, os Rituais do Mar, a Coroa de Dona Urraca e a Rapaza da Fonte da Coca), ademais de marcar as directrices gráficas e de accesibilidade para a súa implantación en paneis exteriores e soportes dixitais.