XORNADA SOBRE AS AVALIACIÓNS DE IMPACTO PATRIMONIAL

XORNADA «AVALIAR PARA PROTEXER: AS AVALIACIÓNS DE IMPACTO PATRIMONIAL COMO FERRAMENTA CHAVE NA XESTIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL»

Xunta de Galicia: 2026

Deseño conceptual, coordinación técnica e produción da xornada celebrada na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), orientada á capacitación especializada e á transferencia de coñecemento en torno ás Avaliacións de Impacto Patrimonial (AIP). O encontro reuniu a expertos de referencia nacional e internacional para abordar o marco normativo, metodolóxico e práctico destes instrumentos preventivos —en liña cos estándares da UNESCO e do ICCROM—, dirixidos a persoal técnico das administracións públicas e profesionais da arquitectura, arqueoloxía e xestión culturais.