OBSERVATORIO DA INNOVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA

INFORME BÁSICO PARA O DESEÑO E POSTA EN MARCHA DO OBSERVATORIO DA INNOVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL

Xunta de Galicia: 2025

Redacción do documento estratéxico e metodolóxico para a creación e posta en funcionamento do Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural de Galicia, concibido como ferramenta de coñecemento e apoio á toma de decisións nas políticas patrimoniais autonómicas. O estudo parte dunha análise comparada de máis de cincuenta observatorios culturais e patrimoniais nacionais e internacionais para definir a misión, o marco normativo, a estrutura orgánica (Comité Técnico e grupos de traballo en innovación e educación patrimonial), o sistema de indicadores de impacto, a identidade visual e ferramentas como o Mapa Galego da Innovación Patrimonial ou un repositorio de boas prácticas.