Xerencia da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (ALINGUA)

XERENCIA E OFICINA TÉCNICA DA ASOCIACIÓN DE ENTIDADES LOCAIS POLA LINGUA GALEGA (ALINGUA)

Alingua: 2026

Prestación do servizo de xerencia e oficina técnica para a coordinación operativa, administrativa e estratéxica da rede intermunicipal ALINGUA. O traballo abrangue o soporte aos órganos de goberno (Xunta Directiva e Asemblea Xeral), a implantación dun sistema dixitalizado de xestión documental e cumprimento normativo, a xestión económico-fiscal e contable, ademais da planificación anual e coordinación de proxectos colaborativos de dinamización lingüística (como Apego, Club de Debate, Youtubeir@s ou Enreguéifate), xornadas e congresos mediante sistemas ERP e indicadores de avaliación continua.