SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

Concellos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol e A Coruña e Vicepresidencia da Deputación de Lugo: 2018 – Actualidade

A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo cultural que abre de xeito excepcional espazos habitualmente fechados ao público. O proxecto artella un programa de visitas guiadas en grupos reducidos baixo dúas premisas fundamentais: a calidade e rigor do relato e a salvagarda dos bens patrimoniais, permitindo acceder a lugares que non se poderían visitar doutra maneira.

O programa realizouse xa con notable éxito nas cidades de Santiago de Compostela (pioneira), Pontevedra,  Ferrol e A Coruña, ademais da provincia de Lugo. 

A Semana do Patrimonio Invisible é un proxecto orixinal de Trivium estratexias en cultura e turismo, con marca rexistrada.

patrimonioinvisible.gal