GUIÓN EXPOSITIVO MUSEO DE BERGANTIÑOS

 RENOVACIÓN DO GUIÓN EXPOSITIVO DO MUSEO DE BERGANTIÑOS

Concello de Carballo: 2021

Deseñamos un novo guión expositivo para a remodelación do Museo de Bergantiños situado no antigo Cárcere do partido xudicial de Carballo.

No documento detállanse as bases do proxecto, relato, intervencións no espazo arquitectónico e novos medios expositivos do centro, que pasa de museo etnográfico comarcal a acoller unha nova colección de elementos tecnolóxicos e informáticos.