A memoria viva do ‘Muíño do Pan’ de Baamonde

A MEMORIA VIVA DO ‘MUÍÑO DO PAN’ DE BAAMONDE

CERCUD Baamonde: 2025

Investigación do patrimonio inmaterial, produción audiovisual e desenvolvemento de recursos museográficos para dinamizar o Centro de Interpretación do Muíño do Pan de Baamonde (que integramos no Sistema Galego de Museos).

O proxecto recolle a memoria oral da veciñanza mediante entrevistas en vídeo —conformando un arquivo dixital e un documental principal de máis de 20 minutos, ademais de pílulas subtituladas para redes sociais—. Ademais producimos audioguías multilingües (galego, castelán, francés e inglés) con ambientación sonora accesibles mediante códigos QR.