ANÁLISE E PROPOSTAS PARA A XESTIÓN CULTURAL DOS PARADORES DE ALMAGRO E ÚBEDA

ANÁLISE E PROPOSTAS PARA A XESTIÓN CULTURAL PARA OS PLANS DIRECTORES DOS PARADORES DE ALMAGRO E ÚBEDA  

Proskene (para Instituto de Turismo de España – Turespaña): 2026

Análise, diagnose e propostas para a xestión cultural para os Plans Directores de Conservación de dous inmobles declarados Ben de Interese Cultural (BIC) que forman parte da rede de Paradores de Turismo. Concretamente, o antigo convento de Santa Catalina (Parador de Almagro) e do palacio do Deán Ortega (Parador de Úbeda, Patrimonio Mundial da UNESCO). O traballo avalía a funcionalidade, o perfil do visitante e o encaixe estratéxico de ambos inmobles nos seus respectivos ecosistemas culturais e territoriais —Campo de Calatrava e binomio Úbeda-Baeza—, formulando liñas de actuación valoradas para equilibrar o uso hoteleiro coa preservación patrimonial, impulsar a dixitalización interpretativa, desestacionalizar os fluxos turísticos e reforzar o vínculo coa comunidade local, a gastronomía e a artesanía.

Unha iniciativa, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno de España.