CANDIDATURA AOS PSTD “Poio, corazón das Rías Baixas”

CANDIDATURA AOS PSTD DE “POIO, CORAZÓN DAS RÍAS BAIXAS”

Concello de Poio (2023).

O Concello de Poio presentou a súa candidatura aos plans de sustentabilidade turística en destino (PSTD) na súa edición extraordinaria de 2023.

Este concello, baixo o título de “Poio. Corazón das Rías Baixas” optou por presentarse tanto á convocatoria territorial enfocada este ano ao turismo termal e cascos históricos como á convocatoria nacional dirixida ao turismo azul. Na primeira o enfoque estivo baseado na Vila de Combarro que no ano 2022 celebrou o 50 aniversario da súa declaración como Conxunto Histórico -Artístico y Sitio Histórico, e na segunda pola importancia do seu enclave litoral, que percorre 15 Km de costa en plena Ría de Pontevedra con recursos de relevancia no segmento azul.

O obxectivo deste plan, mediante 18 actuacións, é impulsar un novo modelo turístico que diversifique a oferta existente e renove o relato turístico deste destino para aproveitar o seu potencial no ámbito do turismo azul. Co fin de mellorar a explotación dos seus recursos naturais e culturais, planteouse unha estratexia de diversificación da oferta de actividades relacionadas co mar e a natureza, xerando novas propostas integradoras que posicionen ao Poio como un destino de referencia no turismo sostible e intelixente en coherencia coas estratexias do Reto demográfico, cambio climático, economía circular e turismo sostible.