CANDIDATURA AOS PSTD DE “CARBALLO, A CULTURA DA AUGA”

CANDIDATURA AOS PSTD DE “CARBALLO. A CULTURA DA AUGA”

Concello de Carballo: 2023

O Concello de Carballo presentou a súa candidatura aos plans de sustentabilidade turística en destino na súa edición extraordinaria de 2023.

Este concello, baixo o título de “Carballo. A Cultura da Auga” optou por presentarse tanto á convocatoria territorial enfocada este ano ao turismo termal e cascos históricos como á convocatoria nacional dirixida ao turismo azul. Na primeira o enfoque estivo baseado na importante riqueza e tradición das súas augas medicinais con orixe na época romana, e na segunda pola importancia do seu litoral, enclavado na Costa da Morte, no que sobresae o conxunto natural de Razo-Baldaio, como un dos máis valiosos espazos naturais de Galicia

A través de 17 actuacións, o obxectivo do plan de Carballo é a creación dun relato baseado na riqueza das súas augas, tanto termais como fluviais e de costa, para a transformación nun destino competitivo que cohesione todos os seus recursos patrimoniais, posicionándose como un referente de sustentabilidade sociocultural, activa e emocional, e cunha capacidade de atracción turística comprometida e diversificada durante todo o ano.