CANDIDATURA AOS PSTD DE XALLAS-O PINDO “SENDAS DE AUGA”

CANDIDATURA A LOS PSTD “XALLAS-O PINDO. SENDAS DE AGUA”

Deputación da Coruña: 2023

A proposta para o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Xallas – O Pindo “Sendas de Auga”, liderado pola Deputación da Coruña, baséase na implementación dunha estratexia de transformación do territorio dos concellos de Carnota, Dumbría, Mazaricos, Santa Comba e Zas como destino de turismo azul, encaixando plenamente na convocatoria nacional do 2023.

Confórmase por un conxunto de 16 actuacións, coas que se busca a posta en valor integral da riqueza natural, xeolóxica, cultural e paisaxística do territorio, mediante un aproveitamento turístico sustentable dos singulares recursos de costa e interior cos que conta (mar, río, fervenzas, enco-ros, pozas graníticas, praias fluviais…), da posta en valor do río Xallas como elemento singular vertebrador, e da creación de productos turísticos para segmentos especializados, posibilitando o desenvolvemento dun turismo diversificado e experiencial.