Desenvolvemos o guión expositivo, contidos, audiovisuais, deseño, montaxe e imaxe gráfica da Casa dos Oficios do Rosal.
Museo etnográfico centrado no singular oficio dos “cabaqueiros”, fabricantes de tella e tixolos. Unha completa visión a través de pezas, fotografías e documentos sobre o traballo, vida e impacto social deste saber artesán.