CASTELO DE MOECHE E CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS REVOLTAS IRMANDIÑAS
CASTELO DE MOECHE E CENTRO DE INTEPRETACIÓN DAS REVOLTAS IRMANDIÑAS
Concello de Moeche. Deputación da Coruña: 2023
Desenvolvemos a renovación expositiva do castelo de Moeche, que conta cun novo Centro de interpretación das Revoltas Irmandiñas, único en Galicia, e cun pequeno espazo para tratar os seus valores no Xeoparque do Cabo Ortegal (Global Geopark) da UNESCO.
Un novo guión expositivo cun deseño actualizado para narrar a historia da fortaleza e da Guerra Irmandiña a través de imaxes, ilustracións, vídeos, infografías e elementos escenográficos. Ademais conta tamén con información dispoñible en tres idiomas con audioguías.