Deseño e montaxe do Centro de Interpretación do Castelo de Pambre (Palas de Rei). Desenvolvemos o seu guión expositivo, contidos, deseño gráfico, audiovisual e identidade corporativa.
O castelo de Pambre é unha das poucas fortalezas medievais que resistiu o ataque irmandiño no século XV. A través de diferentes salas deste centro, nárrase a súa historia e relación co Camiño Francés.