Realizamos o noso primeiro gran traballo museográfico na antiga casa reitoral de San Pedro de Rocas en Esgos. Acolle desde 2005 o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra. Nos dous andares o visitante pode introducirse nos oficios tradicionais, o mundo do viño, a paisaxe e a vida monacal deste territorio.
Trátase dun proxecto integral no que acometemos tarefas como a documentación, traballo de campo, fotografía, vídeo, musealización, deseño gráfico, escenografías, elementos interactivos, montaxe e posta en marcha.