CONTIDOS E RUTAS DO MEGALITISMO DA COSTA DA MORTE

CONTIDOS E RUTAS DO MEGALITISMO DA COSTA DA MORTE

CMAT (Costa da Morte Asociación Turística): 2022

Identificamos, seleccionamos e recollemos información práctica sobre os principais recursos megalíticos da Costa da Morte. A partir deles, creamos contidos promocionais para a web da CMAT e publicacións para as súas redes sociais.

Finalmente, propoñemos tres rutas turísticas para poder percorrer os principais megálitos da Costa da Morte. Uns percursos que parten dunha selección previa realizada sobre aquelas antas consideradas máis relevantes do territorio do xeodestino, atendendo a unha diversidade de criterios como a singularidade, monumentalidade, atractivo da contorna, visibilidade e accesibilidade.