Concibimos unha das rutas máis populares da cidade de Santiago de Compostela, desenvolvendo os seus elementos de sinalización e de divulgación. O percurso pedestre “De ponte a ponte polo río Sarela” é un agradable paseo polo patrimonio natural, histórico e etnográfico do senlleiro río compostelán, desde a ponte do Romaño até a súa foz no río Sar.
O proxecto incluíu tarefas como traballo de campo, documentación, fotografías, deseño gráfico, infográficos, deseños, mapas, sinalización…