Diagnose e propostas sobre esculturas contemporáneas en Santiago de Compostela

INFORME DE DIAGNOSE E PROPOSTAS DE ACTUACIÓN DUN CONXUNTO DE ESCULTURAS CONTEMPORÁNEAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concello de Santiago de Compostela: 2025

Redacción do informe técnico de diagnose e avaliación da potencialidade turística e patrimonial sobre un conxunto de 17 esculturas contemporáneas en espazos públicos e zonas verdes de Compostela, formulando a folla de ruta para a súa conservación preventiva, mitigación fronte ao cambio climático e posta en valor. O proxecto deseñou tres novos itinerarios temáticos con 28 fitos para diversificar os fluxos cara a áreas non saturadas, estableceu os protocolos técnicos de mantemento e sinalización accesible con braille e QR, e definiu as propostas técnicas de restauración, viabilidade lumínica nocturna e estudos estruturais específicos como o da peza de Eugenio Granell no Parque da Música.