DOCUMENTAL “GALICIA, TERRA DE EXPLORADORES”

DOCUMENTAL “GALICIA, TERRA DE EXPLORADORES”

Turismo de Galicia: 2022

O documental Galicia, terra de exploradores achega unha historia moi descoñecida para o gran público, como foi a relación deste territorio co mundo dos descubrimentos. Desde a primeira noticia do Novo Mundo, coa chegada da carabela Pinta a Baiona, até a creación dunha Casa da Contratación para as especias na Coruña, a peza audiovisual céntrase nos aspectos clave que ofreceron unha oportunidade nestas relacións sociais e comerciais máis alá do Océano.

Un documental realizado por Trivium, promovido para Exploraterra, promovido por Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), cofinanciado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (INTERREG VA – POCTEP), no que participan a Fundación Nao Victoria, Junta de Andalucía, a Associação Portuguesa de Treino de Vela (APORVELA) e a Entidade Rexional de Turismo do Algarve.

Duración: 16 minutos.
Equipo técnico:
Dirección e produción: Manuel Rial Santos
Realización, cámara e montaxe: Manuel Tato Silva
Grafismo: Sergio Covelo Moreira
Imaxes aéreas: Pablo Garaloces Fernández