ESTUARIO DO MIÑO, PAISAXE CULTURAL TRANSFRONTEIRIZA
ESTUARIO DO MIÑO, PAISAXE CULTURAL TRANSFRONTEIRIZA
Câmara Municipal de Caminha e Concello da Guarda: 2016
Preparamos a candidatura do estuario do Miño á lista de Patrimonio Mundial da UNESCO na categoría de paisaxe cultural, en colaboración co Laboratori de Patrimoni i Turisme Cultural da Universitat de Barcelona e Ibertur – Rede do Patrimonio, Turismo de Desenvolvemento Sustentábel. A candidatura internacional foi promovida conxuntamente polos concellos da Guarda e Caminha, e presentado ao ministro de Cultura portugués.
A candidatura do Estuario do Miño como paisaxe cultural transfronteiriza baséase na evolución histórica dun territorio con identidade cultural que durante máis de oito séculos se mantivo como fronteira estable. Os espazos naturais deltaicos, a paisaxe fortificada e a presenza de comunidades humanas cun patrimonio compartido baseado esencialmente na pesca e o marisqueo son as principais características que fundamentaron e xustificaron esta proposta.