PLAN DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA DO GROVE

ESTUDO PARA A MELLORA DA SINALIZACIÓN TURÍSTICA DO GROVE

Mancomunidade turística do Salnés: 2024

Para elaborar o Plan de Sinalización Turística do Grove, realizamos un diagnóstico da situación da sinalización no municipio, con especial énfase nas zonas de maior dinamismo turístico (praias, elementos patrimoniais, museos e espazos culturais, aparcadoiros, etc.). A partir del, propoñemos unha intervención de cara a mellorar a sinalización no municipio de maneira integral con criterios de eficiencia e eficacia.

O plan realizouse dentro das actuacións contempladas pola Mancomunidade Turística do Salnés no Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Posta en valor da Orixe de todos os Camiños Xacobeos: Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla” financiado a través do Plan Nacional de Sostibilidade Turística en Destinos Xacobeos 2021 (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – Next Generation EU).

 

La Mancomunidade presenta un plan de señalización turística en O Grove