A Axencia Galega de Turismo en colaboración coa Junta de Andalucía, Fundación Nao Victoria, APORVELA e Turismo do Algarve integran o proxecto EXPLORATERRA, cofinanciado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (INTERREG VA – POCTEP).
No marco deste proxecto, deseñamos unha exposición temporal ao aire libre, que se puido visitar en Ferrol e Baiona, na que tratar sobre a importancia de Galicia nas expedicións transoceánicas e dar a coñecer algunhas das personaxes de maior relevancia.
O éxito foi tal que o Museo Naval de Ferrol solicitou a cesión dos elementos para integrala na súa exposición permanente.