FESTIVAL DA ARTE RUPESTRE “LAEROS”

“LAEROS” FESTIVAL DA ARTE RUPESTRE

Concello de Campo Lameiro: 2022, 2023

Ideamos a primeira edición do festival da Arte Rupestre no PAAR de Campo Lameiro. 

Organizado polo Concello de Campo Lameiro, trátase dunha iniciativa divulgadora do municipio como capital galega da arte rupestre que reuniu nunha xornada un evento gastronómico, actividades de todo tipo, música, obradoiros e visitas guiadas e teatralizadas polos petróglifos máis senlleiros do concello.