Impulsamos a web FOREGA. “Fortalezas do Reino de Galicia”, un dos proxectos premiados polo “Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galiza 2021-2022” da Deputación da Coruña.
A proposta inclúe información sobre as fortificacións construídas na provincia coruñesa durante o período de duración do reino galego, é dicir desde os tempos suevos até o momento da centralización administrativa realizado no contexto da división provincial de Javier de Burgos en 1833.
A páxina incorpora ferramentas que permitan ao público usuario achegarse ao patrimonio fortificado dunha maneira sinxela e intuitiva; entre elas, un mapa interactivo, galerías fotográficas profesionais, fichas de recursos e rutas recomendadas para visitar as fortificacións.