GUIÓN EXPOSITIVO PARA A CASA MUSEO DE VALLE-INCLÁN
Xunta de Galicia: 2022
Desenvolvemos a proposta de guión expositivo para a Casa Museo Valle-Inclán e Centro de interpretación da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla – Ruta Traslatio.
Un proxecto que responde ao convite realizado pola Xerencia da Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo, para aproveitar o potencial do principal recurso de Vilanova de Arousa como centro de acollida e información para os peregrinos que percorran esta ruta marítimo-fluvial. Alén diso, a proposta renova o discurso museográfico na casa natal do escritor Ramón María del Valle-Inclán.