JAZZ. DIÁLOGO ENTRE CULTURAS

JAZZ. DIÁLOGO ENTRE CULTURAS

Deputación da Coruña: 2005

O jazz é sen dúbida a tendencia musical máis influente do século XX, unha tendencia que ten tido impacto na música clásica, na música popular e na música tradicional en case todos os países do mundo. O jazz, por súa vez, ten sido influenciado por estas músicas nun diálogo permanente e frutuoso. Un verdadeiro “Diálogo entre culturas”.

Baixo esta idea, desenvolvemos unha exposición temporal itinerante en diferentes centros sociais e culturais de concellos da provincia da Coruña. Creamos un catálogo e xestionamos o contido da exposición, deseño, elementos sonoros, montaxe e itinerancia.