Mellora da imaxe conxunta do destino nas oficinas e puntos de información turística da Mariña

MELLORAS NA IMAXE CONXUNTA DO DESTINO  NAS OFICINAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DA MARIÑA

Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense: 2024

Realizamos o Diagnóstico das oficinas de Información Turística da Mariña para a mellora da imaxe conxunta e da xestión integrada. Para realizalo mantivemos reunións co persoal técnico, enquisas e visitas de campo. 

A acción enmárcase no eixo de competitividade turística do PSTD da Mariña 2022-2024.