MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA

Concello da Guarda: 2007

O histórico Museo Arqueolóxico de Santa Trega acometeu un proxecto de reforma íntegra para transformarse nun museo do século XXI. O noso traballo comezou por un catálogo e base de datos sobre as pezas arqueolóxicas para a súa selección posterior e creación de fondos. A partir do coñecemento exhaustivo da súa colección desenvolvemos o guión expositivo, imaxe corporativa, contidos, deseño gráfico, museografía e elementos interactivos.