MUSEO DA EMIGRACIÓN Á GUINEA ECUATORIAL

MUSEO DA EMIGRACIÓN Á GUINEA ECUATORIAL

Concello de Quintela de Leirado: 2021

Desenvolvemento integral do museo: guión expositivo, contidos, xestión de pezas, deseño, montaxe e creación de identidade corporativa. Para todo isto, realizouse un intenso traballo de documentación gráfica e audiovisual, con entrevistas e dixitalización documental. 

O Museo da Emigración á Guinea Ecuatorial foi instalado nunha moderna infraestrutura de Leirado, coa intención de salvagardar e difundir a memoria colectiva de veciñas e veciños da comarca sobre a singular emigración á daquela colonia española.