O Museo do Mar da Guarda acolle unha colección malacolóxica e outra etnográfica sobre a vida e traballo relacionado co mundo da pesca e vida mariñeira.
Trátase dun proxecto integral de musealización no que acometemos tarefas como a documentación, traballo de campo, fotografía, deseño gráfico, escenografías, montaxe e posta en marcha.