OBRADOIROS CREATIVOS DA MARIÑA

OBRADOIROS CREATIVOS DA MARIÑA

Mancomunidade da Mariña Lucense: 2024

Traballamos para impulsar un innovador programa sobre a rica tradición artesanal da Mariña. Tanto turistas como veciñas e veciños puideron gozar de experiencias inmersivas e exclusivas en diferentes obradoiros de artesanía local.

Encargámonos da planificación integral do programa, a coordinación cos artesáns participantes e a xestión das inscricións. 

Tamén contribuímos á difusión dos obradoiros e realizamos un seguimento exhaustivo da participación e valoración previa e final.

Na súa primeira edición piloto, este programa da Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense contou co apoio da Axencia Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo.