PASEOS PATRIMONIAIS

PASEOS PATRIMONIAIS

Consorcio de Santiago: 2022

O Consorcio de Santiago conmemorou os seus trinta anos cunha serie de accións. Entre estas, Trivium realizou os Paseos Patrimoniais, para dar a coñecer a historia de Compostela á súa propia cidadanía cun gran éxito de participación. Foron dous os itinerarios temáticos: Compostela Oculta e Compostela Patrimonio Mundial.

Como obsequio nestas visitas e regalo institucional tamén realizamos bolsas coa imaxe da campaña coa que o Consorcio quixo concienciar no coidado necesario para preservar o patrimonio.