Petrofest

PETROFEST:

Música, danza e maxia entre petróglifos

Xunta de Galicia: 2025

Produción, dirección artística e comunicación e deseño da primeira edición do Petrofest, un festival diúrno gratuíto concibido para dinamizar o patrimonio rupestre do Campo Lameiro a través das artes escénicas. O proxecto artellou unha programación multidisciplinar —con música de raíz contemporánea (Faia, Abril), danza tradicional, DJ, maxia e xogos familiares— integrada na paisaxe arqueolóxica (como o concerto no solpor na Laxe dos Carballos) e complementada con visitas guiadas e servizos de foodtruck.