PLAN DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA DE RIBEIRA

PLAN INTEGRAL DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA DE RIBEIRA

Concello de Ribeira: 2024

Este Plan Integral de Sinalización Turística de Ribeira ten dúas misións principais. A primeira, fotografar a realidade actual,  analizar a situación da sinalización no concello, poñendo o foco nas zonas con maior afluencia turística.

A partir diso, propoñemos solucións. Definimos actuacións concretas para mellorar a sinalización de forma global, buscando a eficiencia e a eficacia.

A actuación enmárcase no proxecto “Ribeira Destino Litoral Sostible” dos Plans Territoriais de Sustentabilidade Turística en Destino.