PLAN DIRECTOR DE COMPOSTELA RUPESTRE

PLAN DIRECTOR DE COMPOSTELA RUPESTRE

Deputación da Coruña: 2021

O Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre comprende os concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. Realizamos o Plan Director deste parque en diferentes fases, obtendo un catálogo de 144 entidades patrimoniais, definimos 67 áreas de protección e describimos exhaustivamente o total de petróglifos do Parque de Compostela Rupestre combinando o traballo de documentación e investigación, coa utilización de tecnoloxía SIX (Sistema de Información Xeográfica). Alén diso, o Plan traza a folla de ruta das accións a realizar a curto, medio e longo prazo no Parque, dotándoo dun modelo de xestión simple e eficaz.

A catalogación inclúe información exhaustiva sobre a xeografía, a arqueoloxía, a conservación dos gravados e a situación legal e administrativa dos predios onde se encontran os vestixios arqueolóxicos. Tamén se inclúen as medidas e tratamentos que permiten minimizar o risco de alteración dos petróglifos e sitios rupestres, así como a avaliación económica de cada estación e dos tratamentos de conservación a adoptar en cada caso.

Por outro lado, propón a creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro) utilizando a antiga escola unitaria do lugar compostelán. Por último, tamén recolle a creación de 3 áreas arqueolóxicas en Villestro-Ventosa (Ames e Santiago), Monte Piquiño (Teo) e o Castriño de Conxo (Santiago); así como o deseño de 5 rutas circulares, baixo a marca ‘Sendeiros Rupestres’.