PLAN DIRECTOR PARA O CASTELO DE SAN FELIPE

PLAN DIRECTOR PARA O CASTELO DE SAN FELIPE

Concello de Ferrol: 2019

Informe técnico para o Plan de Usos do Castelo de San Felipe. Liderado polo Concello de Ferrol, o seu principal obxectivo é fornecer de planificación estratéxica á xestión do Castelo nun horizonte temporal a curto, medio e longo prazo. O documento é a guía de referencia que marcará as medidas a tomar polos responsables da xestión do espazo para establecer políticas futuras que manteñan un equilibrio entre a conservación e o uso do Monumento.