PREPARACIÓN TÉCNICA DA CANDIDATURA DA CORUÑA Á REDE DE CIDADES CREATIVAS DA UNESCO

PREPARACIÓN TÉCNICA DA CANDIDATURA DA CORUÑA Á REDE DE CIDADES CREATIVAS DA UNESCO

Concello da Coruña: 2026

Elaboración da base técnica, conceptual e estratéxica para a candidatura da cidade da Coruña como Creative City of Film da UNESCO. O traballo estrutúrase en diferentes capítulos: o diagnóstico sectorial do ecosistema audiovisual local (cadea de valor, infraestruturas, formación e políticas públicas), a análise documental de marcos internacionais (UCCN, Axenda 2030 e Nova Axenda Urbana), a avaliación multicriterio e a viabilidade da proposta, deseñando iniciativas locais e de cooperación internacional arredor da innovación audiovisual, a alfabetización mediática e os dereitos culturais.