INVESTIGACIÓN ARQUEOLÓXICA EN NOVILLE

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN EN NOVILLE

Xunta de Galicia: 2022

A Xunta de Galicia e o concello de Mugardos impulsaron a investigación do sitio romano de Noville co fin de obter información relevante que permita planificar con eficacia futuros traballos. 

Durante sete días trasladámonos ao lugar para promover unha prospección xeofísica coa finalidade de favorecer a caracterización e delimitación espacial do sitio arqueolóxico. En concreto, exploramos unha superficie aproximada de 9.400 metros cadrados coa técnica do xeorradar.

O proxecto completouse co control arqueolóxico da limpeza da vexetación presente na área de traballo, e cunha serie de visitas guiadas ao sitio.