ROTEIROS PATRIMONIO C

ROTEIROS PATRIMONIO C

Compostela Cultura: 2024

Deseñamos unha serie de orixinais visitas guiadas baixo o nome de “Roteiros Patrimonio C”, co obxectivo de difundir historias pouco coñecidas de Santiago de Compostela. Estas rutas temáticas permitiron aos participantes descubrir as “arquitecturas desaparecidas” da cidade, a vida de mulleres compostelás ilustres ou a historia da familia Moscoso, condes de Altamira.

As rutas, que se levaron a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro, tiveron unha gran acollida por parte da cidadanía, esgotando en menos de cinco minutos todas as prazas. A través destas visitas guiadas, conseguimos achegar a historia da cidade dun xeito ameno e accesible a todos os públicos.