SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

Concellos de Santiago de Compostela, Pontevedra y Ferrol: 2018 – Actualidade

A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas ao público, e deseña unha serie de visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos.

O programa realizouse xa con notable éxito nas cidades de Santiago de Compostela (pioneira), Pontevedra e Ferrol. A Semana do Patrimonio Invisible é un proxecto orixinal de Trivium estratexias en cultura e turismo, con marca rexistrada.

https://www.patrimonioinvisible.gal/