SISTEMA DE INFORMACIÓN DIXITAL PARA A RUTA DOS DOLMENS
SISTEMA DE INFORMACIÓN DIXITAL PARA A RUTA DOS DOLMENS
Concello de Vimianzo: 2014
Documentación, fotografías, planos, audioguías e información para a aplicación móbil da Ruta dos dolmens de Vimianzo. A través da instalación de diferentes códigos nos paneis o visitante pode acceder dun xeito rápido e cómodo a unha información individualizada de cada dolmen en galego, castelán, francés e inglés. Ademais, os diferentes sitios arqueolóxicos están xeolocalizados facilitando o acceso e guiado a eles na ruta.