Trala histórica compra do convento de Santa Clara e os seus xardíns por parte do Concello de Pontevedra desenvolvemos o seu plan de comunicación integral e de divulgación deste monumento entre a cidadanía.
Para iso realizamos un intenso programa de visitas guiadas de febreiro a abril para o que desenvolvemos un sistema de reservas online. Ademais realizamos visitas para diferentes colectivos e xornadas de portas abertas.