XESTIÓN DO PSTD DE PUENTE DE DOMINGO FLÓREZ

SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A XESTIÓN DO “PSTD DE PUENTE DE DOMINGO FLÓREZ”

Ayto. de Puente de Domingo Flórez. 2024-2026.

O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino da Ponte de Domingos Flórez (As Médulas, León) ten como obxectivo transformar o municipio, poñendo en valor os seus recursos naturais, a súa rede de canles romanas e o Camiño de Inverno a Santiago, convertíndoo nun destino turístico cultural e natural sustentable.

Para iso, cun total de 18 actuacións e un importe superior aos 2 M € financiados con Fondos Next Generation EU, o PSTD enfócase á posta en valor dos seus principais recursos naturais, culturais e xeolóxicos, á dotación de servizos turísticos e á mellora da competitividade empresarial e territorial, reforzando o seu atractivo como destino turístico e creando dinámicas beneficiosas para combater o despoboamento da zona a través do impulso doutras actividades económicas (agroalimentar, comercio, servizos…) O obxectivo final é convertir este lugar nun competitivo destino de turismo activo e porta de entrada para a visita ao conxunto das canles romanas das Médulas, aproveitando o actual aumento do consumo de actividades ao aire libre e da descuberta do patrimonio cultural e natural.